Hoxe celébrase o Día do Amor e da Amizade, un día no que debemos lembrar a importancia do agarimo, o respecto e a solidariedade, aínda que debemos celebralo cada un dos días da nosa vida.
O alumnado de 3º de Primaria puxo as súas voces a un marabilloso libro que fala das palabras que chegan ao corazón. Hai palabras que che fan chorar e palabras que che fan rir. O mundo pode ser un lugar mellor grazas ás palabras que escolles dicir. "Un fermoso libro cunha historia poderosa que chega a todas as xeracións". Non deixedes de escoitalo.
Palabras con corazón
Ademais, na Biblioteca temos a sorte de contar con numerosos contos relacionados con esta temática. Aquí tendes unha mostra.
Os teus pensamentos son poderosos. Ten coidado porque pódense facer realidade e non sempre che gustarán ! Prestade moita atención a esta curta que vos fará reflexionar:
Agardo que vos guste.
A Fada Acaramelada.

Ningún comentario:
Publicar un comentario