Ola lectores/as!!
O Día Internacional da Muller celébrase o 8 de marzo. Conmemora a loita da muller pola súa participación dentro da sociedade. É un día importante para pedir máis cambios e celebrar a valentía e a determinación das mulleres que xogaron un papel clave na historia dos seus países e comunidades.
No CEIP Espedregada traballamos en prol da igualdade durante todo o curso. Tentamos seguir os obxectivos de Desenvolvemento Sostible da ONU recollidos na Axenda 2030, neste caso o número 5; Igualdade de xénero.
Ao longo destes días, estamos recordando a moitas mulleres deste mundo que foron importantes en diferentes aspectos. Fixemos este vídeo co fin de dar visibilidade ao seu traballo e loita.
A Fada Acaramelada.

Ningún comentario:
Publicar un comentario