martes, 8 de marzo de 2022

8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Hoxe celebramos o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, unha das datas claves para avanzar na educación para igualdade, na formación de cidadás e cidadáns na procura dunha sociedade máis xusta.

Dende a nosa biblioteca queremos que as nenas e os nenos coñezan a presenza da muller nos distintos ámbitos do saber e nos distintos momentos da historia e recoñezan a importancia e a influencia do traballo da muller nos diferentes ámbitos sociais do mundo no que eles viven e medran.

Non vos esquezades de pasar polo noso recuncho do 8M!!




Ningún comentario:

Publicar un comentario