luns, 30 de novembro de 2009

Un "bibliotecario" incansable.


Unha viaxe ao redor de "Julio Verne"

Sabedes que este escritor francés do século XIX está considerado como o pai da Literatura Infantil e Xuvenil?



Despois de investigar sobre a súa vida e obra podemos afirmar que foi a el a quen se lle ocurríu o xénero litetario onde a ciencia-ficción é unha forma de contar historias e ademais, transmitir valores como a solidariedade, xustiza e fraternidade. Ninguén escribíu fantasías científicas deste xeito.

Para facerlle unha homenaxe escríbovos aquí unha pequena biografía deste escritor amigo das bibliotecas e da investigación:

Julio Verne naceu en Francia fai 181 anos. Xa de pequeno, con dez anos quería ser escritor e amosaba unha imaxinación prodixiosa. Estudiou leis e traballou na bolsa.
Pasaba días enteiros nas bibliotecas de Paris documentándose para logo escribir as súas fantásticas aventuras.

A súa primeira novela foi un rotundo éxito: "Unha viaxe en globo". Logo publicou "Unha viaxe ao centro da Terra", "Vinte mil leguas de viaxe submarina" ,"A Volta ao mundo en oitenta días"... Estas son as máis coñecidas porque moitas delas leváronse ao cine.

Acabou enfermando con tanto traballo e morre con 77 anos quedando moitas das súas obras sen publicar.


Sara Casais.
5ºP

2 comentarios:

  1. que chulo el trabajo de sara queda bien

    ResponderEliminar
  2. le quedo genial y ella tiene la ventaja de saber dibujar perfectamente digo yo nooo?
    pero es bonito igual porque ella sabe dibujar perfectamente
    chao proofe

    ResponderEliminar