venres, 6 de novembro de 2009

Un traballo sobre as Bibliotecas Escolares.


Dende 1999 celébrase en todo o mundo o "Día Internecional das Bibliotecas escolares". Este día celébrase grazas á I.A.S.L. (Internacional Association of School Librarianship) que decidiu que se lle adicara o 4º luns da cada mes de outubro. Sen embargo, este ano, pensaron que sería mellor amplialo todo o mes e empregar o lema: Biblioteca Escolar, "O Panorama".

En Galicia, hai 299 centros no programa das Bibliotecas, do que o noso cole forma parte dende o curso pasado e, grazas a este programa, mellóranse as Bibliotecas con novos libros,ordenadores, mobles...


Tamén se organizan xornadas para profesores, para falar das lecturas; coma este ano que se celebraron en Santiago co lema: "Novas formas de ler, novos soportes e novos métodos de lectura e escritura".


Na biblioteca de Espedregada hai libros, revistas variadas, ordenadores, películas, CDs...Poden ir os nen@s do colexio ou calquera persoa que o desexe (pais/nais,exalumn@s...) e empregar todos os materiais e servizos que ofrece.


Autor: William Paz Moldes (5º P)

1 comentario:

  1. a willy le quedo genial el trabajo fue el que mejor lo hizo de todos porque nosotros nos ambientamos por dentro y el cuando se fundo y lo de la (Internacional Association of School Librarianship) y todo eso pero bueno ya esta

    ResponderEliminar