MERGÚLLATE na maxia da poesía, os contos tradicionais, a banda deseñada, o teatro, os mitos e lendas, os grandes clásicos... PESCUDA sobre dinosauros, petróglifos, sereas e mouras, pobos do mundo, receitas de cociña, arte, ciencia... XOGA coa lingua entre trabalinguas, adiviñas, refráns, chistes, acrósticos, palíndromos, ladaíñas... EMOCIÓNATE con melodías e películas da nosa terra e mais de alá... CREA: deseña, pinta, moldea, cociña, canta...grava nas ondas e mais en madeira as túas ideas!
domingo, 13 de maio de 2012
Celebrando os libros e as letras
Durante os meses de abril e maio Leo vén propoñéndonos actividades para celebrar xuntos estas dúas festas que no noso colexio van da man.
Iniciamos as distintas actividades propoñendo a cada alumno que reflexara por escrito uns parágrafos, ou versos se era o caso, do seu libro preferido. Con todo o que recollemos fixemos un camiño que baixaba das aulas á biblioteca. Ao final do camiño tamén estaban as liñas que Leo nos deixou escritas e que volas deixamos aquí.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario