MERGÚLLATE na maxia da poesía, os contos tradicionais, a banda deseñada, o teatro, os mitos e lendas, os grandes clásicos... PESCUDA sobre dinosauros, petróglifos, sereas e mouras, pobos do mundo, receitas de cociña, arte, ciencia... XOGA coa lingua entre trabalinguas, adiviñas, refráns, chistes, acrósticos, palíndromos, ladaíñas... EMOCIÓNATE con melodías e películas da nosa terra e mais de alá... CREA: deseña, pinta, moldea, cociña, canta...grava nas ondas e mais en madeira as túas ideas!
domingo, 13 de maio de 2012
Ler para escribir - Escribir para ler
Para a festa do libro Leo tamén nos invitou a participar nunha actividade que consistía en poder levar un libro da exposición que había na entrada do colexio previo depósito na urna dunhas liñas nas que os aspirantes a premio nos falaran da súa afección á lectura e dos seus gustos literarios.
Unha mostra da exposición cos libros que regalaba Leo
A urna coas papeletas para participar
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario