sábado, 1 de xuño de 2013

Lectores do mes: León Rossol e Desiree Cardoso

Emoción ata o final! Non podíamos rematar o curso de mellor xeito. Temos un empate este mes de maio. Os afortunados son Desiree Cardoso González de 2º e León Rossol Pacheco de 4º. Imos coas súas entrevistas!

LEO: Ola chicos! Como vos chamades?
LEÓN: León. 
DESIREE:  Desiree. 
LEO: Cantos anos tedes?
LEÓN: 9 anos.
DESIREE: 8 anos. 
LEO: E en que curso estades?
LEÓN: En 4º. 
DESIREE: En 2º.
LEO: Cales son os teus libros preferidos León?
LEÓN: Os cómics de Mortadelo e Filemón. 
LEO: Levas lidos un montón deles eh...
LEÓN: Sí, desde abril. 
LEO: E cal é o teu preferido de todos os de Mortadelo e Filemón?
LEÓN: O de Armas con bicho ("Armas con bicho" en Todo Mortadelo y Filemón de Francisco Ibáñez. Ediciones B).  
LEO: E ti Desi, cales son os teus preferidos?
DESIREE: Os de animais. Todos os que tratan de animais. 
LEO: E tes algún favorito?
DESIREE: Sí. O do coello ("El conejo". Colección Mira cómo crezco. Editorial Edebé). 
LEO: Gústavos ler?
LEÓN: Sí. Moito.  
DESIREE: Moito.
LEO: E dicídeme unha cousa, cando ledes?
LEÓN: Eu leo antes de ir a cama e despois de facer os deberes. Algunhas veces leo só, en baixiño e outras, leo con Santi (irmán).
DESIREE:  Eu leo despois de facer os deberes, algunhas veces, cando me apetece. 
LEO: E ti les con alguén, Desi?
DESIREE:  Sí. Ás veces, leo co meu irmán. 
LEO: Desi, dime un libro da biblio que lles recomendas aos teus compañeiros para ler.
DESIREE: O do hipopótamo ("El hipopótamo". Colección Mira cómo crezco. Editorial Edebé). 
LEO: León, ademais dos cómics de Mortadelo e Filemón, que outros libros che gustan da biblioteca de cole?
LEÓN: Pode ser unha revista?
LEO: Sí, claro. 
LEÓN: Pois a revista Boing gústame moito. 
LEO: E xa por último, ademais de coller libros para ler na casa, que outras cousas facedes na biblio?
LEÓN: Lemos contos e xogamos no ordenador. 
DESIREE:  Sí. Iso. 
LEO: Moitas grazas chicos. Dentro de moi pouquiño, xa poderedes ver a vosa entrevista no blogue. Espero que vos guste!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario