A editorial pontevedresa acaba de obter o terceiro premio os libros mellor editados na categoría de "Obras Generales y de Divulgación". Este, é o recoñecemento que o Ministerio de Educación e Cultura, lle outorgou en recoñecemento ao seu traballo coa obra Ocultos. Esta obra, conta con texto de Xulio Gutiérrez e ilustracións de Nicolás Fernández. Neste caso, é a única presenza galega nunha listaxe na que o xurado valorou un total de 196 obras en cinco categorías.
Lembremos que esta editorial xa conta co "Premio nacional a la mejor labor editorial cultural 2012".
Neste enlace tedes todos os premiados.
MERGÚLLATE na maxia da poesía, os contos tradicionais, a banda deseñada, o teatro, os mitos e lendas, os grandes clásicos... PESCUDA sobre dinosauros, petróglifos, sereas e mouras, pobos do mundo, receitas de cociña, arte, ciencia... XOGA coa lingua entre trabalinguas, adiviñas, refráns, chistes, acrósticos, palíndromos, ladaíñas... EMOCIÓNATE con melodías e películas da nosa terra e mais de alá... CREA: deseña, pinta, moldea, cociña, canta...grava nas ondas e mais en madeira as túas ideas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario