Os compañeiros do CEIP de Ponzos de Ferrol, elaboraron este chulísimo power point para celebrar o Día da Paz.
Desde aquí, queremos felicitalos por este traballo tan fermoso.
MERGÚLLATE na maxia da poesía, os contos tradicionais, a banda deseñada, o teatro, os mitos e lendas, os grandes clásicos... PESCUDA sobre dinosauros, petróglifos, sereas e mouras, pobos do mundo, receitas de cociña, arte, ciencia... XOGA coa lingua entre trabalinguas, adiviñas, refráns, chistes, acrósticos, palíndromos, ladaíñas... EMOCIÓNATE con melodías e películas da nosa terra e mais de alá... CREA: deseña, pinta, moldea, cociña, canta...grava nas ondas e mais en madeira as túas ideas!
mércores, 29 de xaneiro de 2014
sábado, 25 de xaneiro de 2014
Por que ler? e por que non ler?
Deixamos aquí un vídeo precioso, levado a cabo polos compañeiros da Biblio Olhos grandes.
Unha forma moi visual para animarvos a ler. Esperamos que vos guste tanto como a nós.
Unha forma moi visual para animarvos a ler. Esperamos que vos guste tanto como a nós.
luns, 13 de xaneiro de 2014
Lector de decembro: Fátima Moreira Barciela
LEO: Ola!
Como te chamas?
FÁTIMA: Fátima.
LEO: E
cantos anos tes?
FÁTIMA: 5 anos.
LEO: Repites
como lectora do mes. Felicidades! Que se sente?
FÁTIMA: Ben.
LEO: E
sabes por que repites como lectora?
FÁTIMA: Porque collo
moitísimos libros.
LEO: Cantos
son moitísimos?
FÁTIMA: Uns cantos.
LEO: Pois
voucho dicir eu. 18 foron os libros que liches en decembro desta biblioteca.
FÁTIMA: Pois agora vou coller máis. Na
mochila dos libros.
LEO: Fantástico! E de
que van os teus libros favoritos?
FÁTIMA: Os que tratan
do mar.
FÁTIMA: O de aprender
o corpo dos golfiños (“O golfiño” de
David George Gordon. Editorial A Nosa Terra).
LEO: Cando
les Fátima?
FÁTIMA: Pola noite.
Antes de durmir.
LEO: E
les ti soa ou le alguén contigo?
FÁTIMA: Mamá axúdame a
ler. Ela leme os contos. E con Pablito.
LEO: Pablito
tamén le contos?
FÁTIMA: Non, Pablito
escoitaos comigo.
LEO: E
dime unha cousa, ti sabes cal é o conto preferido de Pablito?
FÁTIMA: Sí, o de lúa,
lúa, sol (“Lúa” de Antonio Rubio e Óscar
Villán. Editorial Kalandraka).
LEO: Que
cousas fas cando ves á biblio?
FÁTIMA: Collo contos,
os vexo.
LEO: E
unha pregunta moi difícil. Se puideras falar cun escritor, que conto lle
pedirías que escribise?
FÁTIMA: Pois un que
fale de tiburóns e de golfiños.
LEO: E
que che gustaría que fixeran os dous?
FÁTIMA: Que foran
de paseo pero son inimigos…gustaríame que fosen amigos.
LEO: Moi ben Fátima. Unha última pregunta,
por que che gusta ler?
FÁTIMA: Porque
aprendo cousas.
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)