Moitas grazas familia!
MERGÚLLATE na maxia da poesía, os contos tradicionais, a banda deseñada, o teatro, os mitos e lendas, os grandes clásicos... PESCUDA sobre dinosauros, petróglifos, sereas e mouras, pobos do mundo, receitas de cociña, arte, ciencia... XOGA coa lingua entre trabalinguas, adiviñas, refráns, chistes, acrósticos, palíndromos, ladaíñas... EMOCIÓNATE con melodías e películas da nosa terra e mais de alá... CREA: deseña, pinta, moldea, cociña, canta...grava nas ondas e mais en madeira as túas ideas!
xoves, 9 de xaneiro de 2014
Novo ano e novo trimestre
Comezamos o segundo trimestre cunha excelente noticia: unha familia do cole acaba de doar unha colección enooooooorme de Pocoyó. Din que, na súa casa, xa non a precisan porque os seus fillos vanse facendo maiores e pensaron na biblioteca do cole. Din que así, outros nenos a poden facer uso dela. E din moi ben. Encántannos este tipo de novas. Pronto teredes a colección rexistrada e catalogada para que a poidades levar en empréstito.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario