lunes, 13 de enero de 2014

Lector de decembro: Fátima Moreira Barciela

LEO: Ola! Como te chamas?
FÁTIMA: Fátima.  
LEO: E cantos anos tes?
FÁTIMA: 5 anos.
LEO: Repites como lectora do mes. Felicidades! Que se sente?
FÁTIMA: Ben.
LEO: E sabes por que repites como lectora?
FÁTIMA: Porque collo moitísimos libros.
LEO: Cantos son moitísimos?
FÁTIMA: Uns cantos.
LEO: Pois voucho dicir eu. 18 foron os libros que liches en decembro desta biblioteca.
FÁTIMA: Pois agora vou coller máis. Na mochila dos libros.  
LEO: Fantástico! E de que van os teus libros favoritos?
FÁTIMA: Os que tratan do mar.
LEO: E hai algún libro que leras un montón de veces?
FÁTIMA: O de aprender o corpo dos golfiños (“O golfiño” de David George Gordon. Editorial A Nosa Terra).
LEO: Cando les Fátima?
FÁTIMA: Pola noite. Antes de durmir.
LEO: E les ti soa ou le alguén contigo?
FÁTIMA: Mamá axúdame a ler. Ela leme os contos. E con Pablito.
LEO: Pablito tamén le contos?
FÁTIMA: Non, Pablito escoitaos comigo.
LEO: E dime unha cousa, ti sabes cal é o conto preferido de Pablito?
FÁTIMA: Sí, o de lúa, lúa, sol (“Lúa” de Antonio Rubio e Óscar Villán. Editorial Kalandraka).
LEO: Que cousas fas cando ves á biblio?
FÁTIMA: Collo contos, os vexo.
LEO: E unha pregunta moi difícil. Se puideras falar cun escritor, que conto lle pedirías que escribise?
FÁTIMA: Pois un que fale de tiburóns e de golfiños.
LEO: E que che gustaría que fixeran os dous?
FÁTIMA: Que foran de paseo pero son inimigos…gustaríame que fosen amigos.
LEO: Moi ben Fátima. Unha última pregunta, por que che gusta ler?
FÁTIMA: Porque aprendo cousas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario