O Consorcio Editorial Galego, remite a seguinte información:
mércores, 26 de febreiro de 2014
Actividades do Muncyt
Se vos gusta disfrazaros e vos gusta a Ciencia, desde o Muncyt (Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía) de A Coruña, anímanvos a disfrutar do Entroido con eles.
Neste enlace poderedes ver a súa proposta para a primeira semana de marzo.
Neste enlace poderedes ver a súa proposta para a primeira semana de marzo.
venres, 14 de febreiro de 2014
Olalla González e Marc Taeger
Esta semana, recibimos a visita de Olalla González e Marc Taeger. Ambos levaron a cabo dúas sesións de Contos Ilustrados, unha para o alumnado de infantil e primeiro ciclo de primaria e, outra, para os maiores do cole.
Olalla, é adaptora de varios títulos da Editorial Kalandraka. Marc é ilustrador de varios contos. Podedes consultar máis información no seguinte enlace.



Olalla, é adaptora de varios títulos da Editorial Kalandraka. Marc é ilustrador de varios contos. Podedes consultar máis información no seguinte enlace.
14 de febreiro: Amando a Natureza
Hoxe, día do amor, en Espedregada, celebrámolo comprometéndonos coa Natureza, máis concretamente, coas praias do entorno, xa que este curso, estamos levando a cabo un proxecto sobre a auga e o entorno do centro. Durante toda esta semana, estivo á vista do alumnado un cartel con lixo que atópamos nunha praia cercana. En cada clase, elixiron un sentimento común que lles producía ver isto e nunhas gotiñas de auga, cada neno, anotou o seu compromiso coa natureza para evitar que teñamos que volver a ver esta imaxe cando vaiamos á praia. E unha vez que todas as gotiñas foron postas, que os compromisos foron manifestados e rexistrados, volvemos como grupo, a anotar a emoción que sentimos ao escoitar e sentir estas promesas. E aquí o resultado:



martes, 4 de febreiro de 2014
Día da PAZ
Lector do mes de xaneiro: Andrea Ferrer Muñiz
A primeira lectora deste novo ano é, nada máis e nada menos, que Andrea Ferrer Muñiz.
Moitas felicidades!
LEO: Ola! Como te chamas?
Moitas felicidades!
LEO: Ola! Como te chamas?
ANDREA: Andrea.
LEO: E cantos anos tes?
ANDREA: 10 anos.
LEO: Cales son os contos que máis che gustan?
ANDREA: Os de Scooby-doo (Colección Misterios a cuatro patas de James Gelsey. Editorial Laberinto).
LEO: E de todos os libros que forman a colección, cal é o teu preferido?
ANDREA: "La isla del Chamán".
LEO: Contanos de que trata.
ANDREA: Xa non me acorda moi ben, lino fai tempo pero a ver. O grupo de amigos de Scooby-doo vai a Hawai e descobren que un chamán leva a cabo maldicións para asustalos. Ademais, tamén descobren que na illa hai un doctor que ten un laboratorio no que investiga pedras preciosas. Pero o chamán quere pechar o laboratorio para construir no seu lugar, un centro de beleza.
LEO: Moi interesante. Dime unha cousa, Andrea. E na casa, tes algún libro que nos recomendas ler? Algún libro que che guste moito?
ANDREA: Un amigo en la selva ("Un amigo en la selva" de Alfredo Gómez Cerda. Editorial Edelvives).
LEO: E este conto de que vai?
ANDREA: Pois dun neno que perde aos seus pais nun accidente de avión e que descoñece se están vivos. Coa axuda doutro neno, decide ir buscalos.
LEO: En que momento les, Andrea?
ANDREA: Leo pola tarde, despois de facer os deberes ou cando non teño deberes.
LEO: E les soa ou con alguén?
ANDREA: Leo soa.
LEO: Que cousas fas cando ves á biblioteca?
ANDREA: Coller libros ou pelis. Tamén ler libros ou mirar pelis no DVD.
ANDREA: Coller libros ou pelis. Tamén ler libros ou mirar pelis no DVD.
LEO: Axúdanos a mellorar na biblioteca. Botas algo en falta? Quizais algún libro que queiras ter para poder ler?
ANDREA: No, bueno, sí. Que haxa máis libros do Diario de Greg (Colección Diario de Greg de Jeff Kinney. Editorial Molino).
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)