martes, 4 de febreiro de 2014

Lector do mes de xaneiro: Andrea Ferrer Muñiz

A primeira lectora deste novo ano é, nada máis e nada menos, que Andrea Ferrer Muñiz. 
Moitas felicidades!

LEO: Ola! Como te chamas?
ANDREA: Andrea.  
LEO: E cantos anos tes?
ANDREA:  10 anos.
LEO: Cales son os contos que máis che gustan?
ANDREA: Os de Scooby-doo (Colección Misterios a cuatro patas de James Gelsey. Editorial Laberinto). 
LEO: E de todos os libros que forman a colección, cal é o teu preferido?
ANDREA: "La isla del Chamán". 
LEO: Contanos de que trata. 
ANDREA: Xa non me acorda moi ben, lino fai tempo pero a ver. O grupo de amigos de Scooby-doo vai a Hawai e descobren que un chamán leva a cabo maldicións para asustalos. Ademais, tamén descobren  que na illa hai un doctor que ten un laboratorio no que investiga pedras preciosas. Pero o chamán quere pechar o laboratorio para construir no seu lugar, un centro de beleza. 
LEO: Moi interesante. Dime unha cousa, Andrea. E na casa, tes algún libro que nos recomendas ler? Algún libro que che guste moito?
ANDREA: Un amigo en la selva ("Un amigo en la selva" de Alfredo Gómez Cerda. Editorial Edelvives). 
LEO: E este conto de que vai?
ANDREA: Pois dun neno que perde aos seus pais nun accidente de avión e que descoñece se están vivos. Coa axuda doutro neno, decide ir buscalos. 
LEO: En que momento les, Andrea?
ANDREA: Leo pola tarde, despois de facer os deberes ou cando non teño deberes. 
LEO: E les soa ou con alguén?
ANDREA: Leo soa. 
LEO: Que cousas fas cando ves á biblioteca?
ANDREA: Coller libros ou pelis. Tamén ler libros ou mirar pelis no DVD. 
LEO: Axúdanos a mellorar na biblioteca. Botas algo en falta? Quizais algún libro que queiras ter para poder ler?
ANDREA: No, bueno, sí. Que haxa máis libros do Diario de Greg (Colección Diario de Greg de Jeff Kinney. Editorial Molino). 
LEO: Moitas grazas Andrea. Informarei ao equipo de biblioteca da túa suxerencia. Pronto terás a entrevista para poder lela. Un saúdo!







Ningún comentario:

Publicar un comentario