venres, 14 de febreiro de 2014

14 de febreiro: Amando a Natureza

Hoxe, día do amor, en Espedregada, celebrámolo comprometéndonos coa Natureza, máis concretamente, coas praias do entorno, xa que este curso, estamos levando a cabo un proxecto sobre a auga e o entorno do centro. Durante toda esta semana, estivo á vista do alumnado un cartel con lixo que atópamos nunha praia cercana. En cada clase, elixiron un sentimento común que lles producía ver isto e nunhas gotiñas de auga, cada neno, anotou o seu compromiso coa natureza para evitar que teñamos que volver a ver esta imaxe cando vaiamos á praia. E unha vez que todas as gotiñas foron postas, que os compromisos foron manifestados e rexistrados, volvemos como grupo, a anotar a emoción que sentimos ao escoitar e sentir estas promesas. E aquí o resultado:

 

                  


 



Ningún comentario:

Publicar un comentario