Este venres día 21 celebramos o Día da Poesía. Todo o alumnado do centro converteuse en poeta durante uns minutos, quen sabe se o día de mañá serán poetas....
domingo, 23 de marzo de 2014
sábado, 15 de marzo de 2014
O mellor de nós
A Mulecha partiu onte cara ao cole de Chancelas. Ía chea dos nosos traballiños, este ano, dedicados todos a auga de mares, prais e ríos. Que cara porán cando abran a Mulecha? Gustaralles? E que cousas meterán eles na Mulecha? Que nervios!! A ver se nos pasan algunha foto. E para a semana estará no cole de Viñas. E logo, no de Isidora Riestra. E no de Lourido. E de novo, xorden as cuestións. Collerán todos os traballos na Mulecha? É unha viaxe moi longa. Cando regresará a Mulecha? Temos moitas preguntas!!
A Mulecha viaxa a Chancelas cheíña e moi contenta. |
luns, 10 de marzo de 2014
Lector do mes de febreiro: Álex Cardoso González
E aquí tedes a Álex, moi contento por ser o lector do mes dos namorados.
LEO: Ola! Como te chamas?
ÁLEX: Álex.
LEO: E cantos anos tes?
ÁLEX: 3.
LEO: Ola! Como te chamas?
ÁLEX: Álex.
LEO: E cantos anos tes?
ÁLEX: 3.
LEO: Como se chama a túa profe Álex?
ÁLEX: Bea.
LEO: Moitas felicidades por ser o lector do mes de febreiro. Es todo un campeón. Quen che trae á biblioteca para ler tantos libros?
ÁLEX: Mamá e Desi.
LEO: Moi ben. E cal é o teu libro favorito Álex?
ÁLEX: Ver a Leo.
LEO: E tamén colles películas?
ÁLEX: Sí, moitas.
LEO: Cal é a túa película favorita?
ÁLEX: Pocoyó ("Colección Pocoyó" da Editorial Planeta deAgostini, 2009).
LEO: Cantos contos tes na casa?
ÁLEX: Moitos.
LEO: Cantos contos tes na casa?
ÁLEX: Moitos.
LEO: E de todos eses contos, cal é o teu favorito
ÁLEX: O do crocodilo ("Crocodilo namorado" de Daniel Kulot. Editorial Faktoría K de libros. Vigo: 2007).
LEO: Ademais de ler libros, que máis cousas fas na biblio?ÁLEX: O do crocodilo ("Crocodilo namorado" de Daniel Kulot. Editorial Faktoría K de libros. Vigo: 2007).
ÁLEX: Ver a Leo.
LEO: E tamén colles películas?
ÁLEX: Sí, moitas.
ÁLEX: Caillou.
LEO: Pero Caillou é un xogo. Gústanche os xogos de Caillou?
ÁLEX: Sí.
LEO: Pois moitas gracias, Álex. Imoslle dar a túa entrevista a Leo para que a lea a poña no blogue da biblio.
domingo, 9 de marzo de 2014
Entroido 2014
E así celebramos o Entroido este curso. Eso sí, algo tristes porque, por mor da chuvia, non puidemos facer o pasarrúas pero contentos porque o pasamos xenial!









E pinchando no enlace de La Voz de Galicia, poderedes ver a noticia publicada no xornal o sábado 1 de marzo, con catro chulísimas fotos.
E pinchando no enlace de La Voz de Galicia, poderedes ver a noticia publicada no xornal o sábado 1 de marzo, con catro chulísimas fotos.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)