lunes, 10 de marzo de 2014

Lector do mes de febreiro: Álex Cardoso González

E aquí tedes a Álex, moi contento por ser o lector do mes dos namorados. 

LEO: Ola! Como te chamas?
ÁLEX: Álex.  
LEO: E cantos anos tes?
ÁLEX: 3.  
LEO: Como se chama a túa profe Álex?
ÁLEX: Bea.  
LEO: Moitas felicidades por ser o lector do mes de febreiro. Es todo un campeón. Quen che trae á biblioteca para ler tantos libros?
ÁLEX: Mamá e Desi. 
LEO: Moi ben. E cal é o teu libro favorito Álex?
ÁLEX: Pocoyó ("Colección Pocoyó" da Editorial Planeta deAgostini, 2009).
LEO: Cantos contos tes na casa?
ÁLEX: Moitos. 
LEO: E de todos eses contos, cal é o teu favorito
ÁLEX: O do crocodilo ("Crocodilo namorado" de Daniel Kulot. Editorial Faktoría K de libros. Vigo: 2007).
LEO: Ademais de ler libros, que máis cousas fas na biblio?
ÁLEX: Ver a Leo. 
LEO: E tamén colles películas?
ÁLEX: Sí, moitas. 
LEO: Cal é a túa película favorita?
ÁLEX: Caillou.  
LEO: Pero Caillou é un xogo. Gústanche os xogos de Caillou?
ÁLEX: Sí. 
LEO: Pois moitas gracias, Álex. Imoslle dar a túa entrevista a Leo para que a lea a poña no blogue da biblio. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario