| A Mulecha viaxa a Chancelas cheíña e moi contenta. |
MERGÚLLATE na maxia da poesía, os contos tradicionais, a banda deseñada, o teatro, os mitos e lendas, os grandes clásicos... PESCUDA sobre dinosauros, petróglifos, sereas e mouras, pobos do mundo, receitas de cociña, arte, ciencia... XOGA coa lingua entre trabalinguas, adiviñas, refráns, chistes, acrósticos, palíndromos, ladaíñas... EMOCIÓNATE con melodías e películas da nosa terra e mais de alá... CREA: deseña, pinta, moldea, cociña, canta...grava nas ondas e mais en madeira as túas ideas!
sábado, 15 de marzo de 2014
O mellor de nós
A Mulecha partiu onte cara ao cole de Chancelas. Ía chea dos nosos traballiños, este ano, dedicados todos a auga de mares, prais e ríos. Que cara porán cando abran a Mulecha? Gustaralles? E que cousas meterán eles na Mulecha? Que nervios!! A ver se nos pasan algunha foto. E para a semana estará no cole de Viñas. E logo, no de Isidora Riestra. E no de Lourido. E de novo, xorden as cuestións. Collerán todos os traballos na Mulecha? É unha viaxe moi longa. Cando regresará a Mulecha? Temos moitas preguntas!!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario