venres, 9 de maio de 2014

Lector de abril: Manuel Villanueva

Que sorpresa!! Este curso, os maiores do cole están lendo un montón. Estou contentísima!
Pero as sorpresas non rematan aquí, pois parece ser que Manuel foi entrevistado por dous estupendos reporteiros, Uxío e Alo. Como sigan así, vou quedar sen traballo...

UXÍO e ALO: Cal foi o libro que máis che gustou?
MANUEL: Lucky Luke ("Las aventuras de Lucky Luke" de René Goscinny e Morris. Editorial Planeta). 
UXÍO e ALO: Quen é ese?
MANUEL: É un home que dispara máis rápido que a súa sombra. 
UXÍO e ALO: Cando vés á biblio?
MANUEL: Case todos os días. 
UXÍO e ALO: Cantos anos tes?
MANUEL: 10. En verán, xa cumpro 11. 
UXÍO e ALO: Cando les?
MANUEL: Cando estou na casa, despois de facer os deberes. 
UXÍO e ALO: Gústanche as revistas?
MANUEL: Sí. 
UXÍO e ALO: Cales che gustan? 
MANUEL: As de motos. 
UXÍO e ALO: E por que?
MANUEL: Porque me gustan as motos. 
UXÍO e ALO: Tes unha moto favorita?
MANUEL: Sí. A Kawasaki Ninja. Pero teño dous máis favoritas. Cando vaia ao instituto comprarei unha. 
UXÍO e ALO: Sabes un montón de motos. 
MANUEL: Sí. E tamén sei algo de coches. Vós non?

UXÍO e ALO: Sei cal é o Skoda porque é o que ten papi. 
MANUEL: Pois tedes que mirar como é un Ford Mustang. Está moi guai. 

UXÍO e ALO: Vale. Dos libros informativos, cales son os teus favoritos?
MANUEL: Os de animais. 

UXÍO e ALO: Sí? o meu favorito é este ("Enciclopedia de los animales". Editorial Edebé: 2005). 
MANUEL: O meu tamén.
UXÍO e ALO: E as películas, cales son as que máis che gustan?
MANUEL: As de ciencia - ficción. 

UXÍO e ALO: Non sei cales son esas. 
MANUEL: A ver. Ciencia - ficción son como Bob Esponja, que son como debuxos. 

UXÍO e ALO: Ahh! E que peli che gusta máis?
MANUEL: A de Cars. 
(Alo saca a chaqueta, ten un X enorme).  
MANUEL: Sabes que significa iso?

UXÍO e ALO: Non. 
MANUEL: Significa 10 en números romanos. 
UXÍO e ALO: Non sei. 
MANUEL Foron os que existiron despois dos exipcios  e iso foron algunhas das cousas que fixeron. 

UXÍO e ALO: Cantas veces viñeches á biblio? 
MANUEL: Máis de cen. 

UXÍO e ALO: Uau! E en que sitios les?
MANUEL: Leo na casa, na mesa do salón ou no escritorio. E leo só.
UXÍO e ALO: E dos xogos, cal che gusta máis?
MANUEL: O do labirinto roxo. 
UXÍO e ALO: É vermello, non roxo. 
MANUEL: É que aínda estou aprendendo galego que eu son de Madrid. 

UXÍO e ALO: Como chegaches de Madrid ata aquí?
MANUEL: Pois porque aquí había praia. Pero primeiro fun a Lalín que é onde vive a miña avoa e logo para Raxó. 
UXÍO e ALO: Moitas grazas!

Ningún comentario:

Publicar un comentario