jueves, 12 de junio de 2014

Lector de maio: Uxío Rodríguez Gómez

Aquí temos ao último lector deste curso. Levaba todo o curso lendo un montón e, por fin, o conseguiu. Moitas felicidades!
LEO: Como te chamas?
UXÍO: Uxío. 
LEO: Cantos anos tes?
UXÍO: 6. 
LEO: Sabes por que estás aquí?
UXÍO: Sí. Porque son o lector do mes e porque son o que máis libros leu, de primeiro (curso). 
LEO: Non, non, non! Es o que máis libros liches de todos os nenos do cole durante o mes de maio. 
UXÍO: Uau!
LEO: Cal é o teu libro favorito?
UXÍO: A Enciclipedia de animais ("Enciclopedia de los animales". Editorial Edebé, 2005). 
LEO: Cando les, Uxío?
UXÍO: Ás veces pola noite, outras pola tarde pero máis a miúdo pola tarde. 
LEO: Moi ben. E les só ou con alguén?
UXÍO: Ás veces leo só, ás veces con Mauro, que é meu irmán, ás veces con papá ou con mamá e, ás veces, todos xuntos. 
LEO: Na túa casa, todos len?
UXÍO: Sí, todos.
LEO: Que marabilla Uxío! E de que che gustan os contos?
UXÍO: De animais, sobre todo, de dinosauros.  
LEO: E dime unha cousa, se escribiras un libro no que protagonista fora un dinosauro, que pasaría?
UXÍO: Se fora malo, que intentaría dominar o mundo pero non podería. Se fora bo, axudaría aos cidadáns. Pero xa estou escribindo un libro de verdade. 
LEO: Sí? Contame iso, por favor. 
UXÍO: Un día estaba no meu cuarto moi aburrido e decidín escribir un libro de animais e poñerlle o nome e facer as explicacións. Os debuxos, as súas características,...
LEO: Moi ben! Encántame! E quen che está axudando?
UXÍO: Pois Mauro. 
LEO: E que animais tedes xa no libro?
UXÍO: Peixe, oso, xirafa, hipopótamo, suricata,...
LEO: E xa tedes un título?
UXÍO: Aínda non o teño todo pero será Animais e algo máis. 
LEO: Con quen vés á biblio Uxío?
UXÍO: Con mamá ou con papá pero sempre con Mauro. 
LEO: Gustache a biblio?
UXÍO: Sí. 
LEO: E que é o que máis che gusta da biblio?
UXÍO: Os libros. 
LEO: E ademais dos libros?
UXÍO: Pois collo pelis e documentais que aínda non os terminei de ver todos. 
LEO: Que cousas pensan que faltan nesta biblioteca?
UXÍO: De faltarlle, eu penso que nada...
LEO: Tes algo máis que dicir antes de rematar?
UXÍO: Non. Bueno, sí, que ás veces teño dúbidas e non sei un animal, collo un libro da biblio e consúltoo. 
LEO: Moitas grazas!



No hay comentarios:

Publicar un comentario