domingo, 28 de septiembre de 2014

Tambo

Actividade para disfrutar en familia no teatro principal de Pontevedra: 

"O VINDEIRO 18 DE OUTUBRO ÁS 20:00 HORAS NO TEATRO PRINCIPAL DE PONTEVEDRA E CON ENTRADA DE BALDE FAREMOS UNHA ACTUACIÓN INFANTIL DE TAMBO COA BANDA FUNGADEIRA.
SE QUEREDES DESFRUTAR DE CONTOS, CANTIGAS CON COREOGRAFÍA E MOITAS SORPRESAS MÁIS NON DUBIDEDES EN ACHEGARVOS!!!" 

Pero quen é Tambo?: Aquí tedes a información que eles mesmos aportan: 

TAMBO É UN PROXECTO MULTIFORMATO QUE INTEGRA NUNHA SOA OBRA ASPECTOS MUSICAIS, AUDIOVISUAIS, LITERARIOS E DE EXPRESIÓN CORPORAL.
NACEU DUNHA ACTIVIDADE DINAMIZADORA DA BIBLIOTECA ESCOLAR DO C.E.I.P. DO CARBALLAL DE MARÍN NA QUE O ALUMNADO ELABOROU UN RELATO QUE ANOS MÁIS TARDE PROPICIARÍA UNHA IRMANDADE CO C.E.I.P. “A PEDRA” DE BUEU.
PRESENTA UNHA ESENCIA CLARAMENTE EDUCATIVA.
TODO O PROXECTO ESTÁ TINGUIDO DE TRANSVERSALIDADE TRATANDO VALORES COMO A CONSERVACIÓN DO MEDIO AMBIENTE OU A DISCAPACIDADE.
PREPARÁDEVOS PARA GOZAR CON CONTOS CONVERTIDOS EN CANCIÓN, CANCIÓNS MUDADAS A IMAXES E IMAXES TRANSFORMADAS EN COREOGRAFÍAS. A COORDINACIÓN CORRE A CARGO DE MESTRES.
SEN DÚBIDA TEMOS ANTE NÓS UN LIBRO DISCO PARA PEQUECHOS, MAIORES E PROFESIONAIS DO ENSINO QUE PRESENTA TÓDOLOS INGREDIENTES PARA PASAR UN BO RATO COAS ANDAINAS DUNHA TARTARUGA BEN SIMPÁTICA.



No hay comentarios:

Publicar un comentario