martes, 26 de maio de 2015

Familias colaboradoras

Para axudarnos a levar a cabo o proxecto deste curso contamos coa axuda das familias. Eles, contáronnos a súa experiencia co mundo dos insectos, da horta e que podemos facer con eses alimentos na cociña.
Desde aquí, queremos dar as gracias ás familias e tamén a Casa Solla, por deixarnos algunhas das máquinas que vedes nas fotos.
En primeiro lugar, Eva, falounos da estupenda horta que ten na casa e trouxonos un montón de sementes e plantas.
Ao día seguinte, Xosé, falounos do espectacular mundo das abellas e da variedade de produtos que elas mesmas producen.
E, finalmente, Antonio, falounos deses alimentos que saen da horta e chegan á cociña. Que facer con eles?
Que fame nos entrou!
Moitísimas gracias aos tres por por participar no noso proxecto!!!

























Ningún comentario:

Publicar un comentario