viernes, 15 de mayo de 2015

Lector de abril: Uxía Villaverde Gómez

Bueno, bueno, bueno. Que bonita sorpresa cando descubrín que a penúltima lectora do curso era Uxía. Uxía está en 6º curso e está a piques de deixarnos para irse ao instituto. É unha marabilla poder facerlle a súa última entrevista neste cole. Alá imos!

LEO: Ola, ola, como te chamas?
UXÍA: Uxía Villaverde Gómez.
LEO: E cantos anos tes?
UXÍA: 11 anos.
LEO: Que ben! Encántame facerlle entrevistas aos maiores do cole. Iso quere dicir que len tanto como cando eran pequeniños, pequeniños. E ti, é a primeira vez que es lectora. Como te sintes?
UXÍA: Sorprendida. 
LEO: E iso? Liches máis do que pensabas?
UXÍA: Tal vez. 
LEO: E por que les tanto?
UXÍA: Porque me gusta ler. 
LEO: Que liches?
UXÍA: Os libros do Diario de Greg. Pero aínda me falta o seis. (Colección "Diario de Greg" de Jeff Kinney. Editorial RBA). 
LEO: E por que che gusta Greg?
UXÍA: Porque fai cousas graciosas aínda que ás veces, fai bromas ao seu amigo e o molesta pero Greg pensa que ao seu amigo non lle molesta. 
LEO: E a ti, pasache iso? Metese alguén contigo?
UXÍA: Non. 
LEO: E...ao revés! Meteste ti con alguén?
UXÍA: Sí. 
LEO: Con quen? Cóntame, por favor. 
UXÍA:  Ás veces co meu irmán porque el tamén se mete comigo. Pero con ninguén máis. 
LEO: E con Andrea e con León? Confesa!
UXÍA: Só de broma. 
LEO: Vale. Cal é o mellor libro de todos, Uxía?
UXÍA: O Diario de Nikki. Ou tamén O neno do pixama a raias. (Colección "Diario de Nikki" de Renée Rusell. Editorial Molino e "El niño con el pijama de rayas" de John Boyle. Editorial Salamandra). 
LEO: O neno do pixama a raias! Por que? 
UXÍA: Porque o tema da Segunda Guerra Mundial paréceme moi interesante e gústame bastante. 
LEOÉ un libro moi triste. Non choraches?
UXÍA: Non pero logo vin a película e sí chorei un pouco porque vin ao neno. 
LEO: Cando les Uxía?
UXÍA: Polas tardes e, cando non hai cole, na fin de semana, leo pola mañá e pola tarde. 
LEO: E o teu irmán, tamén le? Le contigo?
UXÍA: Sí. Fai os deberes e logo xoga á consola. Ás veces tamén le. Pero eu leo soa. 
LEO: E unha pregunta para axudar aos pequenos a escoller libros. Como sabes ti que un libro che vai gustar?
UXÍA: Leo a parte de atrás e se me parece interesante, o collo e o leo. 
LEO: Bueno, Uxía, pois isto é todo. Imos a facer a foto. Tes que sair moi guapa. 
UXÍA: Vale. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario