miércoles, 8 de febrero de 2017

Lector de xaneiro: Desirée Cardoso

Xa temos aquí á primeira lectora do 2017! Os alumnos de 6º están en todo este curso. Felicidades!

LEO: Como te chamas?
DESIRÉE: Desirée Cardoso González.
LEO: Cantos anos tes, Desirée?
DESIRÉE: 11.
LEO: Es a lectora do mes de xaneiro. Fuches a segunda no mes de decembro. Como te sentes?
DESIRÉE: Ben.
LEO: Sabes cantos libros liches?
DESIRÉE: Non sei cantos pero penso que moitos porque estou aquí.
LEO: É un bo razoamento. E sí, moitos, polo menos, dos da biblioteca. Cales son os libros que máis che gustan?
DESIRÉE: Os que me parecen que teñen un título interesante. Por exemplo, o de Entrena tu mente ("Entrena tu mente para ser un genio" de John Woodward. Editorial Edebé).
LEO: Ese tamén me gusta a min! Ou sexa, que buscas os libros polo título?
DESIRÉE:  Sí.
LEO: E se hai algún libro cun título feo ou pequeno, xa non o les?
DESIRÉE: Se é feo... non. Se é pequeno...non sei. Léolle o resumo tamén.
LEO: Vale. Pregunta difícil. Que é un título feo para ti?
DESIRÉE: Un que a min non me transmite... enerxía.
LEO: Que boa resposta, encántame! Imos dar un paseo.... (pola biblioteca). Que che parece este título ("Don Quijote de la Mancha" de Miguel de Cervantes)?
DESIRÉE: Ben pero o libro é moi gordo.
LEO: Vale. E este ("La lección de August" de R. J. Palacio. Editorial Nube de tinta)?
DESIRÉE: ... non me parece moi interesante...
LEO:  E se te equivocas? Por exemplo, este libro leuno o teu compañeiro Iván dixo que estaba moi ben.
DESIRÉE: Si, Iván e Nuria. Pero...psss... non me chama.
LEO: Entón, que tipo de libros che van máis?
DESIRÉE: Os de misterio.
LEO: Con ou sen medo?
DESIRÉE: Con. Por exemplo, de misterio hai este que está ben, tamén me gustou moito ("O pai do artista" de Xavier Frías Conde. Editorial Mandaio).
LEO: E o teu libro favorito, cal é?
DESIRÉE: Este de aquí ("Á espreita na penumbra" de María Canosa Blanco. Editorial Sotelo Blanco).
LEO: De que vai que non o coñezo?
DESIRÉE: Vai dunha familia que fai anos tiña unha pantasma no armario. E xusto, ese ano, volvera. Os pais asustáronse. Dos dous irmáns, o maior sospeitaba que algo pasaba. Cando soubo que pasaba, á noite seguinte xuto, aparecen os pais mortos.
LEO: E non che da medo ese tipo de historias?
DESIRÉE: Bueeeno, home ás veces enganchaste demasiado e, outras, pensas que non ía a pasar isto.
LEO: Hai algún tipo de libro que non che guste nada? Algunha personaxe?
DESIRÉE: Non, ningún en especial.
LEO: Cando les?
DESIRÉE: Normalmente, pola noite. Na cama.
LEO: Les soa?
DESIRÉE: Sí. E, pola tarde, co meu irmán.
LEO: Como é ler con Alex?
DESIRÉE: Ás veces, algo desesperante pero, outras, é divertido ler todos xuntos.
LEO: Quen le máis na casa?
DESIRÉE: Entre meu irmán e eu. Miña nai le de vez en cando. Meu pai xa nada.
LEO: Ao mellor é que traballa tanto que xa non lle chega o tempo para ler.
DESIRÉE: Sí, iso é o que pasa.
LEO: Ben, señorita, busca un sitio para sacar a foto.











No hay comentarios:

Publicar un comentario