miércoles, 8 de marzo de 2017

Lector de febreiro: Mabel Castro

Bueno, bueno. Menuda competición entre os maiores e os pequenos do cole. Cantos lectores hai nestas aulas. Que marabilla!

LEO: Como te chamas?
MABEL: Mabel.
LEO: Cantos anos tes, Mabel?
MABEL: 4.
LEO: Sabes por que estás aquí comigo?
MABEL: Non.
LEO: Quen leu moitos libros da biblioteca?
MABEL: Mami.
LEO: E ti?
MABEL: Tamén.
LEO: Ah, vale. Entón estás axudando a mami a aprender a ler. Non?
MABEL: Non, estou aprendendo eu.
LEO: Vale, vale. Xa me vou enterando. E xa sabes ler?
MABEL: Non.
LEO: Pero fáltache pouquiño, verdade?
MABEL: Sí.
LEO: Que libros liches da biblioteca? Recordas algún?
MABEL: Non... Algún sí.
LEO: Cal?
MABEL: A Mosca Chosca ("A casa da mosca chosca" de Eva Mejuto. Editorial Kalankraka).
LEO: E que lle pasa á Mosca Chosca?
MABEL: Que quere facer unha casa.
LEO: Ah, entón non ten casa. Durme nunha cama na rúa?
MABEL: Sí..
LEO: Carambas. Pero ten que estar morrendo de frío, entón.
MABEL: Sí.
LEO: E por iso fai unha casa, claro. Ten axuda para facer a casa ou faina soa?
MABEL: Sí (ten axuda).
LEO: Vale, Mabel. Recordas algún libro máis da biblioteca? Tes un montón anotados.
MABEL: Non.
LEO: Bueno. E cales son as personaxes que máis che gustan nos contos?
MABEL: A Moscha Chosca e as princesas.
LEO: Princesas. Cal é a princesa máis guapa de todas?
MABEL: A princesa Sofía.
LEO: Sofía? A túa compañeira de clase é unha princesa?
MABEL: Noo. Unha dos debuxos.
LEO: Ahh, e cando vés á princesa Sofía?
MABEL: Pola mañá.
LEO: Cando estás almorzando?
MABEL: Non.
LEO: Entón, en clase coa profe Iria. Que sorte!
MABEL: Noooon. En casa.
LEO: Ok. Dime unha cousa, Mabel. Quen le contigo?
MABEL: Mami.
LEO: E a mami lle gustan os contos de princesas e os de animais coma a ti?
MABEL: Non sei cales lle gustan. Creo que lle gustan todos.
LEO: Iso seguro que é porque le un montón, non?
MABEL: Sí.
LEO: Gústache ler?
MABEL: Sí.
LEO: E por que les tantos contos, Mabel?
MABEL: Porque son divertidos.
LEO: Riste un montón cos contos?
MABEL: Sí.
LEO: Unha pregunta difícil. Hai algún conto que non che fixera rir? Algún conto triste?
MABEL: Non, non existen.
LEO: Pois sí. Que ben, Mabel. Agora tes que buscar un sitio para sacar a foto.
MABEL: Aquí.
LEO: Aquí arriba? Queres subir?
MABEL: Sí.
LEO: Vale, eu axúdoche a subir pero que non se entere ninguén, eh!
MABEL: Vale.




No hay comentarios:

Publicar un comentario