A Editorial Galaxia lanza o primeiro Reto Lector destinado a fomentar a lectura en galego entre os adolescentes e as adolescentes. Cun formato novidoso no que os rapaces se converten en vloggers (video blogger) literarios, intentamos mediante esta proposta introducir aos máis novos no mundo dos libros.
MERGÚLLATE na maxia da poesía, os contos tradicionais, a banda deseñada, o teatro, os mitos e lendas, os grandes clásicos... PESCUDA sobre dinosauros, petróglifos, sereas e mouras, pobos do mundo, receitas de cociña, arte, ciencia... XOGA coa lingua entre trabalinguas, adiviñas, refráns, chistes, acrósticos, palíndromos, ladaíñas... EMOCIÓNATE con melodías e películas da nosa terra e mais de alá... CREA: deseña, pinta, moldea, cociña, canta...grava nas ondas e mais en madeira as túas ideas!

Ningún comentario:
Publicar un comentario