luns, 7 de xuño de 2010

Sesión de contacontos


Despois de varios días de ensaios, xa que para nós era a primeira vez que traballamos con títeres, decidímonos a representala para os máis pequenos e tamén para os alumn@s de 4º.

Temos que dicir que foron moi participativos e, a verdade é que nos quedaron gañas de máis... pero o ano que vén continuaremos seguro.

Aquí podedes ver uns anaquiños da nosa obra que foi narrada por Mario, un alumno de 2º que ía comentando as escenas.

Foi tamén ambientada con música de F. Schubert e, finalmente, repartimos a tod@s unhas fichas de comprensión alusivas ao conto.
En total participamos sete e o reparto de papeis foi así:
Mario (contacontos), Andrea (Carapuchiña), Carlota (amiga de Carapuchiña), Nerea (nai de Carapuchiña), avoa (Uxía), Leticia ( lobo), Daniel (cazador).



1 comentario:

  1. profe!debeulles de quedar xenial.Mario eu creo que iba moi guapo jeje a hacha do cazador a fixo Sara ainda me acordo daquel día.Chao

    ResponderEliminar