xoves, 30 de xuño de 2022

EXCURSIÓN FIN DE CURSO Á ILLA DE ONS

Ola, rapazas e rapaces!

O prometido é deuda. Por fin, conseguimos que a conta da biblioteca resucitase, e aquí vos deixamos as fotos que fixemos, no seu momento, da saída de finais do curso pasado (xuño 2022) a Ons. Un bicazo e unha aperta a todos/as. Pasade un excelente verán!





































luns, 20 de xuño de 2022

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN

 Xa estamos as portas do verán e como é de costume aquí vos deixo algunha recomendación para que leades moito na praia ou na piscina.




martes, 7 de xuño de 2022

LECTORA DO MES DE MAIO

  Marina Méndez Leiro



luns, 6 de xuño de 2022

AMANDA E FERY GAÑADORAS DO CONCURSO DE CARTEIS DE SAN XOÁN 2022

Amanda Ríos na categoría A, para nenos e nenas de 5 a 8 anos e Feryangel Ruano, na categoría C, de 12 a 14 anos levaron o primeiro premio no concurso de carteis de san Xoan 2022.

Parabéns!

    CARTEL DE AMANDA 



CARTEL DE FERY

luns, 30 de maio de 2022

AMANDA RÍOS E ROI ALVES GRANDES PROTAGONISTAS DO CERTAME LITERARIO XAIME ILLA

O Centro Cultural Xaime Illa, na parroquia de Raxó, acolleu o acto principal da programación das Letras Galegas, centrada na figura de Florencio Delgado Gurriarán, e na que os e as grandes protagonistas foron os gañadores e gañadoras do Certame Literario Xaime Illa Couto na categoría de poesia, Amanda ríos e Roi Alves.

Parabéns!




+ Info en https://www.concellopoio.gal/index.php/1613-poio-conmemora-o-dia-das-letras-galegas-con-bea-campos-e-as-ganadoras-do-certame-literario-xaime-illa-como-grandes-protagonistas

venres, 27 de maio de 2022

PACO NOGUEIRAS NO CEIP ESPEDREGADA

Este ano celebramos as "Letras Galegas" dunha forma especial, Paco Nogueiras estivo presentando Brinca Vai! De aquí a acolá, un espectáculo no que se combinan cancións, animacións e interpretacións cos ritmos e rexistros máis divertidos. Paco Nogueiras cos seus instrumentos e a súa querida “Máquina”  acompañaronnos nunha divertidísima viaxe chea de humor, baile e cancións.

Grazas Paco.



mércores, 18 de maio de 2022

LETRAS GALEGAS

Este 17 de maio celebramos o "Día das letras galegas". Este ano o autor homeaxeado foi Florencio Delgado Gurriarán. debido ao bo tempo, decidimos sair ao patio a coñecer a vida e obra do autor.

Tamén foi moi divertido facer a caricatura de Florencio a tamaño xigante, que xa loce na entrada do cole para que todas e todos a poidamos disfrutar.




venres, 13 de maio de 2022

LINGUAS AZUIS, LINGUA GALEGA.

 Este ano quixemos celebrar o día das letras galegas coas nosas linguas de azul. 











xoves, 5 de maio de 2022

DESPEDIDA DO CLUBE DE CIENCIAS


Con moita tristeza despedimos por este ano o Clube de Ciencia, no que Suso e Amparo demostráronnos que a ciencia non está rifada coa diversión. Os alumnos de 4ª, 5º e 6º de Primaria puideron coñecer varios experimentos que lles axudaron a comprender algúns dos principios científicos e a súa aplicación na vida cotiá