LEO: Como te chamas?
ALEX: Alex.
LEO: Cantos anos tes Alex?
ALEX: 4.
LEO: Cantos libros liches?
ALEX: Moitos.
LEO: Certo,
Alex, moi certo. De feito, fuches o que máis libros leu de todo o cole. Por
iso, es o lector do mes.
ALEX: (sorrindo) Sí.
LEO: Cal foi o
libro que máis che gustou?
ALEX: (pensando)...
Non me sae.
LEO: Queres ir
mirar a ver se o atopas na estantaría?
ALEX: Sí. A ver se o atopo aquí. (Volve sen libro pero xa lle acorda). O de Maisy ("La
casa de Maisy" de Luca Cousins. Editorial Destino.1995).
LEO: Gústache o libro de Maisy?
ALEX: Sí, porque sae unha cociña, o baño, a cama, durme de noite,…
LEO: Pero quen é Maisy, Alex?
ALEX: Un rato que ten pixamas, roupa.
LEO: Cando les Alex, polas mañás, polas tardes?
ALEX: Eu só sei
as letras pero non sei ler.
LEO: Ah, vale. Entón, quen le contigo?
ALEX: Mami le comigo e
papi só le, non vén á biblioteca.
LEO: E logo, que
fai papi para non poder vir á biblioteca?
ALEX: Traballar. Pero mami axuda a papi a traballar. Un día, foi
ao chalé a axudar.
LEO: E Desi, le
contigo?
ALEX: Desi, sí. Le
os meus contos na casa. E tamén ten un boneco que se chama Winnie de
Pooh.
LEO: E que o que
máis che gusta da biblioteca?
ALEX: Unha
revista.
LEO: Unha soa!! E cal
é esa revista tan interesante?
ALEX: A de
Spiderman porque fai o tolo. Pero tamén a da Abella Maia porque hai un señor
que pesca.
LEO: E a túa
profe, como se chama?
ALEX: Ana.
LEO: E Ana le contos?
ALEX: Sí que le. Ten moitos libros. Un día, trouxo moitos contos,
facendo así coas dúas mans (coas dúas mans ocupadas para transportar os libros).
LEO: E cal é o
que máis che gustou de todos os que ten a profe?
ALEX: O de Peppa
Pig porque a vexo na tele ("¡Qué sorpresa!". Colección Peppa Pig. De autores
varios. Editorial Beascoa. 2014).
LEO: Moi ben Alex. Tes que seguir así, lendo un montón.
ALEX: Pero agora, non leo porque teño tos e algo de mocos.
LEO: Bueno, non pasa nada. Cando
xa non teñas tos, podes volver ler todos os libros que queiras. Imos facer a
foto para que todo o mundo che coñeza e vexa o guapo que es. Vale?
Ningún comentario:
Publicar un comentario