LEO: Cantos anos tes, Pablo?
PABLO: 7 anos.
LEO: Pablo, es o lector do mes de marzo. Como te sintes?
PABLO: Ben.
LEO: É a primeira vez que es o lector do mes. Mola ou non mola?
PABLO: Sí.
LEO: E sabes que é o que significa iso?
PABLO: Non.
LEO: Pois significa que fuches o que máis libros leu desta biblioteca durante todo o mes de marzo.
PABLO: Vale.
LEO: Cales son os teus libros favoritos?
PABLO: Os de Mortadelo e Filemón. Bueno, os cómic de Mortadelo e Filemón ("Todo Mortadelo y Filemón" de Francisco Ibáñez. Ediciones B. 2005).
LEO: En que momento les, Pablo?
PABLO: Soamente polas tardes. Pola semana.
LEO: E logo, sábados e domingos que fas, descansas?
PABLO: Sí, para xogar ao fútbol.
LEO: E le alguén contigo?
PABLO: A avoa ou mami. Pero mami, mentres non vai a traballar.
LEO: A avoa? E a túa avoa gústalle Mortadelo?
PABLO: Si.
LEO: E unha pregunta. Les ti á avoa ou ti escoitas o que che le a avoa?
PABLO: ha, ha, ha. Leo eu á avoa.
LEO: Xa me parecía... E xa que falamos deles, que son Mortadelo e Filemón?, Sabesme explicar?
PABLO: Son dous que son amigos e sempre están xuntos.
LEO: E que fan cando están xuntos?
PABLO: Xogan ao fútbol, van en coche,...
LEO: E quen é o mellor dos dous para ti?
PABLO: Filemón porque fai moitas bromas. É máis divertido.
LEO: Cal é o mellor libro que hai na biblioteca?
PABLO: Calquera de Os Bolechas.
LEO: Moi ben. E outra pregunta. Ademais de coller libros, que outras cousas fas aquí?
PABLO: Coller películas e ir ao ordenador dos voluntarios para que mas presten.
LEO: E que películas che gustan?
PABLO: A de Spidermann e a de Ironmann.
LEO: Carambas, Pablo. Esas son as máis novas que temos na biblio. E xa as viches!
PABLO: Sí.
LEO: Algunha cousa máis que queiras dicir?
PABLO: Non.
LEO: Moi ben, Pablo. Pois en pouquiños días, xa poderás ver a túa entrevista no blogue da biblioteca. Chao!
Ningún comentario:
Publicar un comentario