Felicidades Carlota!!
LEO: Carlota, repetimos!
CARLOTA: Sí.
LEO: Cantos anos tes xa? Véxote moi maior.
CARLOTA: 4.
LEO: Polo que vexo, segues lendo un montón. Gústache ler moito?
CARLOTA: Será porque xa aprendín a ler.
LEO: Uau! Cando aprendiches?, Con quen? Cóntame todo.
CARLOTA: Xa. Coas letras, cos puzzles, cos números. Teño un puzzle de Peppa Pig moi fácil e sei contar.
LEO: Que libros les? De que son?
CARLOTA: O do coelliño foi o que lín o outro día. Hoxe vou ler o da Patrulla. E tamén vou a contar cancións en inglés.
LEO: Cantas cousas fas xa! Axúdache alguén, Carlota?
CARLOTA: Miña nai e máis eu.
LEO: Tes unha súper mami. Que sorte! Ademais de mami e de Carlota, quen le en casa?
CARLOTA: É moi grande a miña casa. Le miña irmá Lola, mamá, papá e máis eu.
LEO: Carai! Unha familia súper lectora. É fantástico!
CARLOTA: Sí.
LEO: Sabes dicirme cal é o teu libro preferido este ano ou é o mesmo do curso pasado?
CARLOTA: O da Patrulla Canina ("El súper robot de Ryder" de autores varios, 2016).
LEO: E quen é o mellor da Patrulla Canina?
CARLOTA: Skye, que teño o boneco na casa. LEO: Ahh! Entón sabes contarme como é Skye.
CARLOTA: (Xesticulando coas mans) Así con orellas, ollos e con orellas e con nariz.
LEO: Pero, espera un momento. Skye é unha persoa?
CARLOTA: Non. Un animal.
LEO: Ah, xa me estaba preocupando porque lle puxeras unhas orellas moi grandes. Que animal é?
CARLOTA: Un león.
LEO: Seguro??!?!? Vai ser mellor que busquemos unha foto...
CARLOTA: Un can, un can!
LEO: E por que che gusta Skye?
CARLOTA: Porque me encanta. Ten gafas, boca, nariz e patiñas.
LEO: E que fai Skye?
CARLOTA: Xogar cos amigos da Patrulla Canina.
LEO: Agora unha pregunta importante. Queres que compremos algún libro para a biblioteca?
CARLOTA: Sí.
LEO: Cal queres?
CARLOTA: Non sei.
LEO: Bueno, podes pensalo e cando o saibas, dismo. Agora imos facer a foto, Carlota.
CARLOTA: Vale.
Ningún comentario:
Publicar un comentario