Despois deste merecido descanso, volvemos con vós, para retomar as actividades da Biblioteca.
Este curso, 2018-19, temos moitas novidades que queremos compartir con tod@s.
Aínda que, seguiremos coas actividades que gozan de boa acollida por parte de toda a Comunidade Escolar, como son: "Mochilas Viaxeras", "Contacontos", "Libros ao patio","Voluntariado", "Apadriñamento Lector"
e celebracións: "Día das Bibliotecas", "Día da Poesía", Día da Prensa","Día do Libro"..., temos programadas outras, de nova incorporación, que pensamos que serán moi atractivas, para incentivar o gusto pola lectura dos nosos alumn@s como son: os"Clubes de Lectura"(retomamos o de adultos, coa lectura de "Frankenstein, o el moderno Prometeo, da escritora Mary Shelley) e iniciamos o de 4º e 6º, o "Conto Viaxeiro"(tamén co alumnado de 4º/6º) e o "Libro Viaxeiro"(todo o centro) que este ano estará adicado ás Emocións (Proxecto de Centro), "O valor do valioso"(actividade relacionada tamén coas emocións)...
Algunhas destas actividades, xa están en marcha, como por exemplo: A "Mochila Viaxeira" que xa está nas vosas casas e que, ademais, tamén levan materiais novos, o Club de lectura "A Piña de 6º" (Traballeremos a colección do Libro "Diario de Greg" do escritor Jeff Kinney e o Conto Viaxeiro de 6º.
E máis cousiñas que vos iremos contando...
Esperamos que sexan todas do voso agrado e poñémonos en marcha!!
Boas Lecturas 2018-19!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario