Como vén sendo tradición en Samaín, os alumnos trouxeron decoradas as súas cabazas.
Que orixinais!! Estes rapaces supéranse ano tras ano!!
Resultou moi, moi difícil elixir a cabaza gañadora, dado o gran nivel que houbo, pero, finalmente, as máis votadas foron estas tres.
Noraboa aos que participaron. Xa sabedes que conseguíchedes cinco "espedregadíes" pola vosa participación, e dez os gañadores. Os "espedregadíes"
poderanse cambiar por libros da biblioteca, a finais de curso, na nosa Festa do Solsticio de Verán.
poderanse cambiar por libros da biblioteca, a finais de curso, na nosa Festa do Solsticio de Verán.
Deste xeito tan apetitoso, celebramos o Samaín no cole: momias, ollos monstrosos, caveiras, xeringas, tumbas....ata vómito de cabaza!
Quen se atreve a probar estes terroríficos pratos??
Hugo Ferrer, acompañado de Lola ( 6º curso) |
Antía Iglesias, de 4º curso |
Gimena Ruano, (6º E. Primaria) |
Encantáronnos os vosos relatos!!
Á biblioteca, tamén, chegou o Samaín! Quedou decorada con morcegos, arañas, pantasmas... A nosa mascota, A Fada Acaramelada, deixounos unhas recomendacións terroríficas, para que nenos e nenas poidades desfrutar, lendo libros aterradores, e visionando algunha película de medo.
Pasamos un día arrepiante!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario