Bo día!! Como estades?
Estamos a piques de rematar o curso e segue sendo moi alto o voso nivel de participación e de lectura. Queredes coñecer cal foi o último lector do mes deste ano? Nesta ocasión o gañador indiscutible é ...
Fada: Poderíasnos falar dalgún libro dos que liches?
Ezequiel: Nas dúas linguas, aínda que entendo mellor os que están en castelán posto que eu levo toda a vida falando nesta lingua. Agora estou aprendendo moitas cousiñas en galego.
Fada: Gustaríache recomendar algún libro aos teus compañeiros/as?
Ezequiel: Gústanme moito os libros de medo. Ademais os libros de dinosauros son dos meus preferidos.
Fada: Non me digas!! E cal é o teu dinosuaro favorito?
Ezequiel: Teño tres preferidos: o velociraptor, o anquilosaurio e o plesiosaurio. Aprendín motísimas cousas e me encantaron!
Fada: Unhas moi boas recomendacións, Ezequiel. Imaxino que lle leras contiños ao teu irmán pequeno, non?
Ezequiel: Ás veces lle leo cousiñas e pon cariña sorrinte; outras veces está un pouco enfadado porque quere durmir ou comer e non me fai caso.
Fada: Jaja... que simpático. Canto tempo che leva ler un libro?
Ezequiel: Depende, se é un libro moi longo uns diiñas,.. se é pequeno dez minutos.
Fada: Caramba, que rapidiño les xa. Aparte dos libros, gústache ler revistas?
Ezequiel: Si, moito. Na miña casa teño algunhas de acción e de banda deseñada. Ademais, gústanme moito "Os Papagaios" da biblioteca.Fada: De veras? Podes dicirnos de que vai para que outros nenos e nenas os coñezan?
Ezequiel: Algúns tratan de cousas de medo outros de construción. Os personaxes son os mesmos nos diferentes números.
Fada: Moi interesante. Por certo,... que é o que máis che gusta da biblioteca do cole?
Ezequiel: Todo, pero aparte dos libros me gustan as "pelis", como as de "Scooby Doo" ou "O monstro do Lago Ness"
Fada: É certo, na biblioteca do cole, temos moi boas "pelis" tamén. Se foses un personaxe de contos, cal che gustaría ser?
Ezequiel: Un dinosauro.
Fada: Xa, pero me refiro a un personaxe dun conto ou novela clásico.
Ezequiel: Pois... Rocinante.
Fada: Rocinante? O cabalo de don Quixote? Por qué?
Ezequiel: Si, agora estamos a ler as aventuras de Don Quixote da Mancha na clase e Rocinante da moita risa é tamén é un pouco torpeciño coma min...Un día lle tirei sen querer a copa ao meu pai... jeje!
Fada: Ja, ja,ja.. es un fantástico alumno, Ezequiel. Estou encantada de que estés no noso cole. Moitas grazas pola túa entrevista.
Ezequiel: Ata pronto!
Ningún comentario:
Publicar un comentario