Pero as sorpresas non rematan aquí, pois parece ser que Manuel foi entrevistado por dous estupendos reporteiros, Uxío e Alo. Como sigan así, vou quedar sen traballo...
UXÍO e ALO: Cal foi o libro que máis che gustou?
MANUEL: Lucky Luke ("Las aventuras de Lucky Luke" de René Goscinny e Morris. Editorial Planeta).
UXÍO e ALO: Quen é ese?
MANUEL: É un home que dispara máis rápido que a súa sombra.
MANUEL: Lucky Luke ("Las aventuras de Lucky Luke" de René Goscinny e Morris. Editorial Planeta).
UXÍO e ALO: Quen é ese?
MANUEL: É un home que dispara máis rápido que a súa sombra.
UXÍO e ALO: Cando vés á biblio?
MANUEL: Case todos os días.
UXÍO e ALO: Cantos anos tes?
MANUEL: 10. En verán, xa cumpro 11.
UXÍO e ALO: Cando les?
MANUEL: Cando estou na casa, despois de facer os deberes.
UXÍO e ALO: Gústanche as revistas?
MANUEL: Sí.
UXÍO e ALO: Cales che gustan?
UXÍO e ALO: Cales che gustan?
MANUEL: As de motos.
UXÍO e ALO: E por que?
UXÍO e ALO: E por que?
MANUEL: Porque me gustan as motos.
UXÍO e ALO: Tes unha moto favorita?
UXÍO e ALO: Tes unha moto favorita?
MANUEL: Sí. A Kawasaki Ninja. Pero teño dous máis favoritas. Cando vaia ao instituto comprarei unha.
UXÍO e ALO: Sabes un montón de motos.
UXÍO e ALO: Sabes un montón de motos.
MANUEL: Sí. E tamén sei algo de coches. Vós non?
UXÍO e ALO: Sei cal é o Skoda porque é o que ten papi.
MANUEL: Pois tedes que mirar como é un Ford Mustang. Está moi guai.
UXÍO e ALO: Vale. Dos libros informativos, cales son os teus favoritos?
MANUEL: Os de animais.
UXÍO e ALO: Sí? o meu favorito é este ("Enciclopedia de los animales". Editorial Edebé: 2005).
MANUEL: O meu tamén.
UXÍO e ALO: E as películas, cales son as que máis che gustan?
UXÍO e ALO: E as películas, cales son as que máis che gustan?
MANUEL: As de ciencia - ficción.
UXÍO e ALO: Non sei cales son esas.
MANUEL: A ver. Ciencia - ficción son como Bob Esponja, que son como debuxos.
UXÍO e ALO: Ahh! E que peli che gusta máis?
MANUEL: A de Cars.
(Alo saca a chaqueta, ten un X enorme).
(Alo saca a chaqueta, ten un X enorme).
MANUEL: Sabes que significa iso?
UXÍO e ALO: Non.
MANUEL: Significa 10 en números romanos.
UXÍO e ALO: Non sei.
UXÍO e ALO: Non sei.
MANUEL: Foron os que existiron despois dos exipcios e iso foron algunhas das cousas que fixeron.
UXÍO e ALO: Cantas veces viñeches á biblio?
MANUEL: Máis de cen.
UXÍO e ALO: Uau! E en que sitios les?
MANUEL: Leo na casa, na mesa do salón ou no escritorio. E leo só.
UXÍO e ALO: E dos xogos, cal che gusta máis?
UXÍO e ALO: E dos xogos, cal che gusta máis?
MANUEL: O do labirinto roxo.
UXÍO e ALO: É vermello, non roxo.
MANUEL: É que aínda estou aprendendo galego que eu son de Madrid.
UXÍO e ALO: Como chegaches de Madrid ata aquí?
MANUEL: Pois porque aquí había praia. Pero primeiro fun a Lalín que é onde vive a miña avoa e logo para Raxó.
UXÍO e ALO: Moitas grazas!
UXÍO e ALO: Moitas grazas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario