Cada
venres e, durante unha semana (dende o venres
ata o xoves), as mochilas viaxeiras chegan ás vosas casas, para vos ofrecer
unha selección de material escrito e audiovisual, para toda a familia.
As mochilas levan un material fixo, o cal é seleccionado previamente
polo profesorado do centro atendendo a
criterios pedagóxicos e didácticos. Haberá unha listaxe de todo o material que a contén, para que comprobedes se está
completa, e poder devolvela, de novo, á Biblioteca.
No caderno de Bitácora (diario de viaxe), podedes expresar ideas,
debuxos, traballos... que xurdan ao redor do material que vos chega.
Desexamos seguir contando coa
vosa interesante e activa participación nesta actividade, e pregamos que nos
informedes de calquera irregularidade que atopedes.
Disfrutádeas rapaces e rapazas!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario