O 24 de outubro, celébrase o Día das Bibliotecas Escolares. No noso
colexio, foi un día moi especial, porque a nosa nova mascota, “ A fada
Acaramelada”, descubriu este máxico lugar
do “cole”, e quedou tan enfeitizada que decidiu ficar nel.
Ao longo deste curso, estamos a traballar sobre a gran poetisa GLORIA FUERTES; polo tanto, aproveitamos este día tan importante, para facer distintas
actividades en relación a ela:
En primeiro lugar, realizamos unha xincana na biblioteca.
Distribuiuse os alumnos de forma internivelar.
Tiñan como misión
atopar unha bolsiña de caramelos que a Fada Acaramelada deixoulles como
agasallo.
buscar a que libros pertencían unhas ilustracións dadas, ...
e ata descifrar mensaxes secretas!
Tanto
pequenos coma maiores se divertiron moito, e o pasaron xenial!
Ademais, tiveron a
oportunidade de acadar "Espedregadís", os cales poden ser intercambiados por libros da biblioteca, a finais de curso, na nosa Festa do Solsticio de Verán.
Un dos momentos máis emocionantes do día foi cando se deu a coñecer a gañadora do debuxo da nosa nova mascota.
Que emoción ao descubrir a placa conmemorativa!
Ademais delo, tamén se deu a coñecer o nome dos gañadores dos
debuxos dos distintos poemas das aulas. Noraboa a todos!!
Alumnos de 1º /2º interpretando "A Bruxa Burbulla" |
A continuación, puidemos desfrutar do recitado dos
poemas e cancións de Gloria Fuertes, que prepararon os alumnos e alumnas de cada clase. Aquí, tedes unha
mostra.
Alumnado de E. Infantil recitando "A Palmeira Palmira" |
Rapaces de 5º curso cantando "A araña" |
A poesía da "Fada Acaramelada" recitámola entre todos. |
Os maiores recitaron "O bufo e a bufa" |
Os nenos de 3º/4º , cantando " Un globo, dos globos, tres globos" |
Fixérono xenial os nosos rapaces e rapazas!!
A Fada Acaramelada quixo agasallar cun detalliño aos autores dos debuxos con máis votos, de cada grupo, e, como non, a Celia, a autora do seu retrato ganador.
A Fada Acaramelada quixo agasallar cun detalliño aos autores dos debuxos con máis votos, de cada grupo, e, como non, a Celia, a autora do seu retrato ganador.
Para rematar a xornada, os nenos e nenas foron sorprendidos
cunha choiva de caramelos, por xentileza da Fada Acaramelada.
Foi un día inesquecible!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario