Como sabedes, este curso escolar, a nosa biblioteca, medrou un pouquiño máis e, de ter dúas salas, agora xa ten tres: unha de lectura e dúas de consulta.
Dito feito, provocou unha nova distribución dos fondos, polo que tivemos que acostumarnos á nova situación.
Os voluntarios e voluntarias da biblio fan un traballo extraordinario neste aspecto, polo que o Equipo de biblioteca e os demais mestres, estamos moi agradecidos... Grazas nenos e nenas!
Pouco a pouco, segundo as necesidades que van aparecendo, imos distribuíndo e recolocando, de xeito que nos resulte máis doado atopar e gardar os libros, coleccións, música, revistas, películas...
Aquí vos deixamos algunhas fotos para que vos fagades unha idea dos cambios.
Ningún comentario:
Publicar un comentario