Neste mes de maio, recibimos no colexio a Enrique Mauricio e a Carlos Taboada, contacontos e ilustrador de Lela Edicións (colección: Polo Correo do Vento").
Botaron a andar o programa: "Mulleres Galegas".
A súa actuación chamábase: "María Victoria Moreno...unha historia de amor".
Contáronnos a vida e obra desta escritora non galega, que amaba escribir en galego, mentres debuxaban unha caricatura.
Despois, poidemos comprobar que, debuxar unha caricatura, non é tan complicado porque, seguindo as súas pautas, conseguimos facer debuxos como verdadeiros profesionais.
Grazas amigos de Polo Correo do Vento!
Ningún comentario:
Publicar un comentario