Pensamos que, como estamos a traballar no Proxecto de centro: "As simboloxías e códigos", quixemos relacionar os contos cós atrapasoños. Ao resultado final chamámoslle: "Atrapacontos".
Foron feitos con arame, forrados de trapiño e fío de cores brillantes e, polo medio, "atrapados", os nosos libros favoritos.
A verdade é que, unha vez colgados do teito, danlle á biblio un aire relaxante e acolledor.
... E quedaron así de bonitos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario