Sabías que...?
Rosalía é recordada por publicar a primeira grande obra impresa en galego, “Cantares Gallegos” (publicada o 17 de maio de 1863, data que marca o Día das Letras Galegas), e por ser unha das precursoras da poesía española.
<<Porque todavía no les es permitido a las mujeres escribir lo que sienten y lo que saben.>>
"La hija del mar", 1859
Preme na páxina web da FUNDACIÓN ROSALÍA DE CASTRO
Nestas ligazóns, tamén podes atopar RECURSOS, para acercarte á figura de Rosalía de Castro:
E premendo AQUÍ, podes ver o traballo que fixeron os vosos compañeiros do cole, hai uns aniños, acerca da BIOGRAFÍA DE ROSALÍA.
E o realizado co POEMA "MIÑA CASIÑA, MEU LAR".
María Rosalía Rita de Castro, máis coñecida como Rosalía de Castro, naceu en Santiago de Compostela, o 23 de febreiro de 1837.
Rosalía era filla dunha fidalga de familia nobre, e dun cura; por este último motivo, estaba rexistrada como filla de pais descoñecidos, e viviu con Teresa, a súa tía paterna, ata os oito anos, nunha pequena vila da Coruña.
Alí, coñeceu de preto os traballos rurais, as crenzas, as tradicións e o máis importante: a lingua galega.
Con trece anos, trasladouse coa súa nai a Santiago de Compostela, e comeza unha nova etapa completamente diferente á anterior, na que recibe clases de música e debuxo, algo máis visto polas señoriñas da época.
Ademais, comezou a asistir a eventos culturais nos que tomou contacto, por primeira vez, co mundo da escritura.
Tras 6 anos na capital galega, trasládase a Madrid, e coñeceu a un escritor famoso chamado Manuel Murguía, e comezaron a saír. Aos vinte e un anos, casou con el: o 10 de outubro do ano 1858.
Tivo sete fillos :
-Alejandra, en 1859
-Aura, en 1868
-Gala e Ovidio, xemelgos, en 1871
-Amara, en 1873
-Adriano, en 1875
-Valentina, en 1877 (aínda que naceu morta ).
A súa adolescencia estivo marcada por unha crise de vida tralo descobremento de ser filla ilexítima, e por unha delicada saúde que xamais mellorou.
As súas obras máis importantes son :
-”Cantares Gallegos” (1863), obra da historia do pobo galego.
-”Follas Novas” (1880), que foi o seu último poemario.
E, en castelán, habería que salientar “En las Orillas del Sar” (1884).
Nos seus últimos anos, rezuma ansiedade e angustia ante estraños presentimentos.
Finalmente, morre por cancro uterino, aos 48 anos, en Padrón, o 15 de xullo de 1885.
Coñeces o poema "Negra Sombra"? É fermosísimo!
A dor, a perda, a negrura. O umbrío da alma galega reflectido nestes versos.
Premendo AQUÍ, podes ver a LUZ CASAL, interpretando este marabilloso poema musicado, xunto á Real Filharmonía de Galicia.
"Negra Sombra", de Rosalía de Castro
Cando penso que te fuches,
negra sombra que me asombras,
ó pe dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.
Cando maxino que es ida,
no mesmo sol te me amostras,
i eres a estrela que brila
i eres o vento que zoa.
Si cantan, es ti que cantas
si choran, es ti que choras
i es o marmurio do río
i es a noite, i es a aurora.
En todo estás, e ti es todo,
pra min i en min mesma moras,
nin me abandonarás nunca...,
sombra que sempre me asombras.



Ningún comentario:
Publicar un comentario