A LÚA CHEA xusto entre o SOLSTICIO DE INVERNO e o EQUINOCCIO DE PRIMAVERA foi considerado, dende hai milleiros de anos, un punto de inflexión no período invernal.
No IMBOLC celta, nas LUPERCAIS romanas, ou na actual CANDELORIA, invocamos a chegada do deus SOL, a trravés do simbolismo do LUME.
Ademais, este momento liminal marca o punto de partida, para o RETORNO DA FERTILIDADE á natureza. Hai REFRÁNS POPULARES que fan referencia a este feito.
As PROCESIÓNS DA VIRXE DA CANDELORIA son un exemplo perfecto de SINCRETISMO entre as tradicións pagás (o Imbolc celta asociado á deusa do lume BRIGIT) e a devoción católica.
Por iso, moi preto destes rituais propiciatorios do sol e da fertilidade, situaron SAN VALENTÍN: sacerdote cristián que, en tempos do Imperio Romano, celebraba vodas secretas e prohibidas entre os soldados que ían espertando á luz da nova fe.
Na páxina web de O PORTAL DA LINGUA GALEGA da Xunta, podemos ver distintas propostas e informacións acerca da festa da Candeloria.
Do mesmo xeito, tamén podemos atopar un artigo sobre a Candeloria no portal AS CHAVES DA LINGUA. E, neste mesmo portal, mergullémosnos no Amor, cun artigo sobre a famosa herba de namorar.
Coñecíala?
Velaquí o noso recuncho do Amor!


Ningún comentario:
Publicar un comentario