venres, 13 de febreiro de 2026

ENTROIDO

Sabías que...? 

A palabra entroido procede do latín ĬNTRŎĬTU, que significa literalmente ‘ENTRADA’.  É un período liminal entre a morte simbólica da natureza invernal e o comezo da fertilidade primaveral.

E, como en tódalas datas liminais, dáse unha inversión simbólica da orde social.

O domingo de Entroido fíxase no calendario sete semanas antes do domingo de Pascua, que é o inmediatamente posterior á primeira lúa chea tralo equinoccio de primavera. Polo tanto, cada ano varía a data desta festa. 

A palabra entroido presenta numerosas variantes segundo as zonas de Galicia:

entroido    antroido    entroiro    entruido    entrudio    entrudo

Velaquí os nosos LIBROS SOBRE O ENTROIDO!

E aquí os nosos MANDADOS DE ENTROIDO!


Para coñecer máis sobre o Entroido, podes visitar as páxinas AS CHAVES DA LINGUA, GCIENCIA, ORGULLO GALEGO (preme nelas!)

As figuras de Entroido non son simples disfraces, senón que representan diferentes elementos da historia, da cultura e das crenzas populares de Galicia. 

O Entroido galego non é só unha festa, é unha expresión de identidade que sobreviviu a diferentes momentos históricos.

O Entroido galego é dos máis antigos de Europa (probablemente, o máis antigo), e é famoso polas súas máscaras, cada unha cun traxe, un comportamento e un significado propio.

Algunhas das figuras máis famosas son:


Pantallas de Xinzo de Limia




Cigarróns de Verín




Peliqueiros de Laza




Boteiros de Viana do Bolo e de Vilariño de Conso



Oso de Salcedo (Pobra do Brollón)


Algo tamén moi importante nestas datas é a GASTRONOMÍA. Que che gusta máis?


Cocido


Algúns doces de Entroido: orellas, flores e filloas.


Ningún comentario:

Publicar un comentario